Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

Espaguetis con albóndegas (Receitas de cine)

Ir á receita en castelán Seguindo con receitas relacionadas co cine, por mor do Festival de cine OUFF que se está a celebrar en Ourense, hoxe imos a irnos ó mundo infantil con unha película de debuxos animados. Todo un clásico: La dama y el Vagabundo. Si clásica é a película, clásica é a receita, que aparece na tenra escena na que cada can agarra unha punta do mesmo espagueti e rematan cun beso entre eles .   É unha película infantil e a receita é das que máis lle gustan os cativos da casa. Para prepararlles esta receita os cativos da casa, imos a precisar: 320 grs de espaguetis 350 grs de carne picada 3 tomates 2 ceboletas pequenas 2 dentes de allo Pirixel picado 1 ovo Miga de pan Leite Aceite de oliva Sal e pementa Comenzamos pelando os tomates e cortando en anacos pequenos. Reservamos Picamos as ceboletas e un dente de allo. Nunha cazola sofritimos as ceboletas, cando estas xa estean engadimos o allo e os tomates. Salpimentamos e incorporamos o pirixel picado.

Soufflé de queixo (Receitas de película)

Ir á receita en castelán Nestes días estase a celebrar en Ourense o Festival de cine OUFF. Ó mesmo tempo en distintos restaurantes da cidade, faise unha oferta gastronómica para comer de cine. Pois ben esta receita, moi concorrida pola rede, é a que Audrey Hepburn aprende a facer na famosa escola de cociña Le Cordon Bleu. A película é do xenial Bily Wilder e a actriz ten coma compañeiros de rodaxe a dous "principiantes", Humphrey Bogart e Wiliam Holden. Esta receita é a miña pequena achega a este Comer de cine do Festival de Ourense OUFF. Para esta coñecida receita necesitaremos: 300 / 400 ml de leite 40 grs de manteiga 40 grs de fariña 100 grs de emmental relado 3 xemas de ovo 5 claras de ovo Pan relado Pementa branca e sal Relamos o queixo e reservamos. Nunha cazola poñemos a fundir a manteiga á que engadiremos a fariña para facer un roux. Deixamos facer un par de minutos. Imos engadindo a leite os poucos e remexendo cunhas va

Lingotes e bizcoitiños de castaña

Ir á receita en castelán 600 Grs. de castañas crúas e peladas 1/2 litro de leite   150 Grs. de azucre   50 Grs. de manteiga   4 Ovos   1 Copiña de ron   1 Cullerada de cacao en po   1 Pizca de sal   1 Cullerada de azucre glas   A reladura dun limón Novembro, mes de Santos e castañas, mes de morogos nos érvedos, mes de fogueiras e fume en Ourense, mes de castañas e chourizos asados, mes no que o viño tinto novo empeza a manchar as camisas, mes por encima de todo, no que o verao se despide e da a entrada ó inverno nesta ancestral festa dos magostos en Ourense. Esta festa trae un montón de recordos do tempo de mocidade, no meu caso ai tres días, de subida ó monte, de ver quen prendía o lume máis grande, de ver que fogueira facía máis fume, de ver aquel Ourense rodeado de fume (purificador non de incendios), e contra a noite, baixada de todos os mozos e mozas cara a Alameda do Cruceiro, cas caras tiznadas e as roupas cheirando a fume, onde a festa seguía o redor dunha e

Tosta III Xuntanza Bloggers Galicia

Ir á receita en castelán Xa sabedes que o día 19 do pasado mes de outubro, celebramos en Maceda (Ourense) e no Castelo de Maceda, a III Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia. Pois ben, esta tosta pretende ser un agradecemento a Coren , Aceites Abril e Ponte da Boga colaboradores cos seus produtos nesta Xuntanza. Agradecemento a Carlos Parra polo seu ben facer ó fronte da cociña do Castelo de Maceda e por todas as facilidades que nos deu para celebrar esta Xuntanza. E por suposto de agradecemento a todos os bloggers participantes, que sen a súa presenza de nada houberan valido os esforzos de colaboradores, cociñeiro e organizadores. É unha tosta moi sinxela, pero chea de matices e sabores e necesitaremos: Xamón Selecta Coren Aceite de oliva virxe extra Abril Boletus edulis Romeiro Sal Maldón Pan de Cea Maridaxe con Mencía Ponte da Boga Coma primeiro paso procedemos a limpar ben os boletus e cortamos en anacos. Poñemos o aceite de oliva

Espetos de langostinos

Ir á receita en castelán Seguindo a iniciativa de Helena del Valle, do blog Mi puchero , comparto esta receita con #recetasSolidariasParaNavidad . Hoxe vimos cun petisco moi sinxelo e de rápida preparación. Imos a usar como único produto sólido o langostino. Produto este que socializou o uso do marisco nas nosas casas, polo seu custo e polo seu fácil manexo. É corrente velo como produto secundario en arroces, ensaladas, pratos de pasta, con peixes, etc. Pero nesta receita é o produto principal. Mentres poñedes a mesa o petisco faise (se usades a opción do forno). Pois postos no traballo necesitaremos: Langostinos crus Pementón agridoce de La Vera Sal Maldón en escamas Aceite de oliva virxe extra Pelamos os langostinos (xa sabedes que as cabezas e as peladuras, podémolas conxelar para outra preparación) e ensartámolos no espeto. A partir de este momento temos dúas opcións: facelas á prancha ou facelas no forno. Se escollemos a primeira opción farémolas nunha prancha polo