Ir á entrada en castelán Como prometín na anterior entrada, vai outra receita con conservas galegas para a mesa das nosas festas de Nadal e para as #RecetasSolidariasParaNavidad. Neste caso imos por en valor as sardinillas, para min unha das conservas máis saborosas. Para esta sinxela receita necesitaremos: Sardinillas en aceite de oliva PARA O TARTAR 3 tomates pera 1/2 cebola mediana roxa 150 grs de polpa de sandía 1 cullerada de aceite de oliva Unhas gotas de zume de limón Sal e pementa Cortamos os tomates (sen pebidas), a cebola e a sandía, en brunoise, mesturamos, salpimentamos e regamos co aceite e o zume de limón. Reservamos a temperatura ambiente para que se macere un pouco. Abrimos a lata das sardinillas. Montamos cun aro cortapastas un pequeno montón de tartar e colocamos unhas sardinillas sobre o mesmo. Penso que é unha gran mestura de sabores, de unha elaboración que non pode ser máis sinxela e simple e de un moi baixo coste. Servimos a te
Aprendemos xuntos.