Ir al contenido principal

Torta de mazá

Ir á receita en castelán

Ola amig@s, estamos de novo ca nosa cociña a voltas. Hoxe metinme no campo das sobremesas, como xa vos teño dito non é o campo da cociña que máis me gusta. Nin traballalo, ni tampouco comelo en exceso.
Pero ben imos a ir a elo con esta torta de mazá á que lle imos a dar un lixeiro toque crocante na superficie.
Pois para poñer a receita en marcha necesitaremos:

600 grs de mazá pelada e descorazonar
3 ovos enteiros
300 grs de fariña de repostería
250 grs de azucre
80 grs de manteiga
1 vaso de leite
1/2 sobre de lévedo Royal
1/2 cullerada de vainilla en po
1 limón
Canela

Despois de peladas e descorazonadas as mazás, cortamos en láminas e mesturamos con 3 culleradas de azucre e o zume de medio limón. Reservamos.
Abrandamos a manteiga e mesturamos co azucre, para a continuación incorporar os tres ovos enteiros. Batemos ata ter unha crema homoxénea.
Incorporamos a fariña peneirada, que mesturaremos ben, para a continuación engadir a leite.
Batemos ben toda a mestura ate que quede homoxénea. Incorporamos as mazás reservadas, gardando algunhas para poñer na superficie.
Botamos a canela e a pel dun limón relada. Mesturamos ben.
Engadimos o lévedo e a vainilla (no caso de non ter vainilla en po, podemos usar unhas 6 gotas de esencia de vainilla).
Amantecamos un molde desmontable e botamos nel a mestura feita.
Colocamos pola superficie as láminas de mazá gardadas e espolvoreamos un pouco de canela e azucre moreno, para perfumar a torta e darlle un lixeiro toque crocante.
Metemos no forno prequecido a 180º e deixamos facer uns 40 minutos aproximadamente.
Deixamos repousar e atempar e xa podemos disfrutar de unha deliciosa sobremesa.
Se é do voso gusto, podemos espolvorear cun pouco azucre glas no momento de servir.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es