Ir al contenido principal

Fogar do Santiso, algo mais que ir a xantar

Ir á receita en castelán


O pasado 1 de marzo, xunto con outros compañeiros, acudimos a visitar e xantar no Fogar do Santiso.
Chegamos ó lugar con un día neboento e chuvioso, cunha pequena bruma que facía pensar, que en dous pasos, ian a saír a recibirnos as meigas e trasnos do lugar. Máis non, non saíron, o que si estaba era o Druida do lugar, José, que xa tiña esa poción negra que se chama café, esperándonos segundo chegábamos.
No título desta entrada falo de o Fogar do Santiso como algo máis que ir a xantar, digo isto por mor de que ese prato que chega a nosa mesa é o produto final de todo un proxecto de autoxestión, de sostenibilidade, de agricultura ecolóxica, de carnes autóctonas, en definitiva de produto próximo.
Falar de Fogar de Santiso é falar de 8.500 hectáreas de terra, das que se autoabastece, é falar de mazairas e pereiras de distintas especies buscando a que resulte mellor na cociña, é falar de pan, sempre feito no lugar, de centeo, de chocolate, de bagazo, etc, é falar de cachena e vianesa, é falar de polo de Vilalba.
Pois con todo isto na mochila, procedemos a xantar, non sin antes pasar pola cociña e roubar unhas exquisitas croquetas de grelos, de ver os fornos onde as carnes se ian facendo sen presa, de ulir ise pan recen sacado do forno. Pos amantes dos números: moven 40.000 quilos de pataca ecolóxica ó ano.
José será o Druida do sitio, pero é un Druida do século XXI, e nótase que non dúbida en aplicar todos os avances que nos da a tecnoloxía, stocks dinámicos, control dos almacéns, carta, comandas, etc, dende o Iphone en todo momento.
Pois xa postos na mesa e cun ingrediente muy importante, que é a boa compaña nela, arrancamos cunha Tosta de roxóns con queixo sobre pan de centeo, logo unhas filloas recheas de queixo de Cortes de Muar e para finalizar este primeiro contacto unha tempura mar e horta. O arranque non foi nada malo.
Xa metidos en materia, José trouxo unhas hamburguesas de carne de cachena feitas ó punto, sinxelamente espectacular. E cambiando de tipo de carne, probamos un polo de Vilalba que estaba estupendo.
Xa na sobremesa unhas filloas con mel de Galicia e uns xelados de franboesa e café con unha gran intensidade de sabor.
Rematamos cun espléndido café de pota.
Despois do relatado, coido que se vos coincide andar por cerca de Santiago, vaivos merecer a pena acercarvos ata Teo e xantar no Fogar do Santiso.
Grazas a José e os meus compañeiros de mesa por esta mais que agradable xornada. 


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es