Ir al contenido principal

Pescada en prebe con ameixas e langostinos

Ir á entrada en castelán

Ola de novo despois das mini vacacións que pasamos nestes días.
Hoxe poñémonos á faena con un prato de pescada. Peixe que temos que aproveitar, pois leva unha tempada que está a moi bo prezo.
Con independencia do prezo, estamos falando de un peixe con unha moi boa textura e que se presta a fritilo, a cocelo con cachelos, a guisalo, a recheos, etc.
Pois ben para comenzar esta receita imos a procurar o seguinte:

Unha pescada en filetes ou rodelas
1 cebola
Langostinos
400 grs de ameixas
1/2 vaso de viño branco
1/2 vaso de caldo de pescado
2 dentes de allo
1 cullerada de fariña
Pirixel
1 folla de loureiro
Pementa branca, verde e negra en grao
Sal

Comenzamos abrindo as ameixas ca folla de loureiro e un fondo de auga. Sacamos das conchas reservamos e escoamos o líquido da cocción.
Podemos deixar algunhas nas conchas para decorar o prato.
Mentres se fan as ameixas pelamos os langostinos e reservamos.
Nun morteiro botamos unha pouca sal, as tres pementas e dúas culleradas de aceite. Machacamos e reservamos.
Adubamos as rodelas ou filetes de pescada, ca majada feita.
Nunha cazola poñemos unhas catro culleradas de aceite e salteamos os allos fileteados e a cebola picada. Cando comencen a dourarse engadimos a fariña e damos unhas voltas. Incorporamos o viño, o líquido da cocción das ameixas e o caldo de pescado. Removemos uns minutos para que se integren ben os sabores e levamos á cazola as rodelas da pescada e os langostinos pelados. Ter en conta que se fai pronto e non queremos que se nos seque ca cocción.
Cando vemos que xa está a punto engadimos as ameixas.
Servimos a pescada ben regada co prebe e con pirixel picado por riba.
Un prato cheo de sabores na vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es