Ir al contenido principal

Boletus en escabeche con navallas ó natural en conserva

Ir á receita en castelán

Aclarar en primeiro termo que esta non é unha entrada patrocinada.
Xurde esta receita e a súa publicación, pola xentileza que tivo Olei ó remitirme unha mostra do seu vinagre de viño albariño, que foi presentado en A Curtodoría, presentación á que estaba invitado e por motivos persoais non puiden asistir.
Pretendo con esta receita un mar e montaña, no que o nexo de unión sexa un vinagre procedente de unha D.O. da nosa terra: de viño albariño.
Non son moito de vinagre, pero non o probei soamente con esta receita, se non tamén cunha ensalada con froitas de tempada e o punto de este vinagre con eses froitas, resultoume do máis agradable.
Aproveitando que ía a usar un vinagre de marcado carácter galego, de un produto dos máis bos que nos da o monte na tempada de cogomelos, introduzo unha conserva galega de calidade co fin de darlle o valor que lle corresponde.
Entón para a súa elaboración precisaremos:

Boletus
Navallas en conserva ó natural
Pementa negra en grao
Romeiro
Tomiño
Ourego
Loureiro
Aceite de oliva virxe extra
Vinagre de viño Olei
Sal

Coma nota direi que para facer o escabeche seguín a receita de Conchi Zúñiga no seu blog Cocinando setas.
Nun cazo botamos o aceite, a pementa, o romeiro, o tomiño, o ourego e o loureiro. Poñemos a lume muy baixo, co fin de que infusionen as herbas no aceite.
Os 20 minutos aprox incorporamos os boletus e deixamos facer a lume lento uns 10 minutos. Pasado o tempo engadimos o vinagre ó gusto (eu fago uns escabeches moi suaves) e facemos uns minutos máis no lume brando.
Deixamos arrefriar fora do lume e levamos á neveira, tapados, polo menos 48 horas.
Para a presentación do prato, poñemos os anacos de boletus e as navallas nun recipiente adecuado para o servizo. Para salsear mesturaremos o líquido do escabeche co líquido de goberno da conserva, que bateremos para emulsionar. Faremos esta mestura nunha proporción de 3 a 1 de escabeche e líquido.
Imos a encontrar o punto de vinagre, que deseguida nos vai a contrastar co sabor a mar que nos aportan as navallas.
Que o disfrutedes.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es