Diredes, este home está metido nunha seta de adoradores do bacallau. Pero non, esta receita é coma continuación da anterior, para aproveitar o bacallau sobrante despois de sacarlle os lombos.
É o típico bacallau con patacas, pero ímolo a presentar de outro xeito, para darlle variedade a nosa mesa.
Para catro pax, necesitaremos aproximadamente:
1 Kg de patacas
500 grs de bacallau desalgado
1 cebola
1 pemento roxo
Aceite de oliva
Pirixel e sal
Arrimamos unha cazola ó lume e poñemos a ferver as patacas con pel. Reservamos ate que podamos manipulalas.
Desmiuzamos o bacallau (facelo cas mans e no co coitelo, vai a quedarvos mellor). Reservamos.
Nunha tixola con dúas ou tres culleradas de aceite e a lume brando, pochamos a cebola ate que comence a coller cor.
Nese momento incorporamos o bacallau e o pemento roxo, dámoslle unhas voltas e deixamos que se faga uns minutos.
Mentres pelamos as patacas e cortámolas en rodelas como de algo máis de medio centímetro, as salgamos e regamos cun fío de aceite de oliva.
Imos poñendo rodela de pataca, mestura de bacallau con verduras, rodela de pataca, mestura de bacallau e verduras e pirixel picado.
Se fose do voso gusto, podedes levalo ó forno uns cinco minutos.
Á mesa e a disfrutar deste bacallau con patacas.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito