Ir al contenido principal

Foie de pato con langostinos


Ingredientes:

  • Foie micuit de pato
  • Langostinos frescos
  • Zume de limón
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra
  • Sal Maldón
  • Tomiño fresco e sal




Como o luns non houbo receita, si recomendación, imos a poñer hoxe un petisco que nos vai vir moi ben para este Nadal.
Non sei si é exactamente un mar e montaña, pero o que si é, é un mar e curral.
Comenzamos retirando as cabezas dos langostinos e as peladuras (poderemos conxelalas para facer outro día un bo caldo para un arroz, por exemplo). Mesturamos os langostinos pelados, co zume de limón, o aceite e un pouco de tomiño picado e reservamos durante media hora na neveira.
Cun cortador de fío de aramio ou un coitelo ben afiado e quente, cortamos unhas rodelas de foie, que salpimentaremos e pasaremos por unha tixola, cun fío de aceite, volta e volta. Pasamos o foie a un papel absorbente e reservamos. Ollo co tempo na tixola, pois non queremos que se nos desfagan.
Na mesma tixola salteamos os langostinos, escoados do líquido de maceración, un par de minutos. Pensade que polo efecto do limón xa veñen algo cocidos. Incorporamos líquido da maceración e deixamos quecer un par de minutos.
Para a nosa presentación, poñemos no prato de servizo as rodelas de foie e por riba un langostino. Regamos cun pouco do prebe da cocción e engadimos unhas escamas de sal Maldón. Poñemos un anaco de folla de ceboliño (para darlle un pouco de volumen) ou picamos por riba un pouco de tomiño fresco.
Unha boa combinación de sabores para os petiscos do voso Nadal.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es