Ir al contenido principal

Fritos de bacallau e tomates secos

Ir á receita en castelán

 Ingredientes: 
  • Bacallau desmiuzado
  • 80 grs de tomates secos en aceite
  • 150 grs de fariña
  • 190 ml de auga ben fría
  • 2 claras de ovo
  • Sal
  • Pirixel
  • Aceite de oliva




Esta receita vai dedicada a o meu bo amigo Javier Prado, ó que estes fritos vanlle a gustar.
Levo dende o vinte de decembro sen publicar nada e gustaríame volver a coller o ritmo, de polo menos, facer unha publicación semanal. Esperemos que este sexa o comenzo.
Se sodes fans deste tipo de preparacións, non podedes deixar de probar esta suave e lixeira masa. Esta masa para os fritos tomeina prestada do blog O Garfelo, de a miña boa amiga Loly Llano e que vos recomendo que visitedes, polo voso ben gastronómico.
O proceso é ben sinxelo: Temos auga ben fría na neveira e os tomates entre dous papeis de cociña para retirarlle o exceso de aceite e picámolos.
Nun bol poñemos a fariña peneirada e mesturamos ben ca auga fría. As medidas de auga e fariña son moi aproximadas, pero vos veredes se incorporades un pouco máis de fariña ou auga. Pensade que a masa ten que tirar un pouco a solta. Engadimos un belisco de sal, os tomates e o pirixel picados e o bacallau desmiuzado. Mesturamos ben.
Montamos as claras a punto de neve e incorporamos a nosa masa con movementos envolventes, ate que se integre ben todo o conxunto.
Nunha tixola con aceite de oliva e a unha temperatura media-alta imos botando porcións da nosa preparación e deixaremos que se douren por os dous lados.
Pasamos a papel de cociña e pasando para a mesa a disfrutar de este rico entrante. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es