Ir al contenido principal

Raia con patacas e allada

Ir á receita en castelán

  • Raia
  • Patacas
  • Unto
  • Allo
  • Pementón
  • Aceite
  • Sal







Pois si, outra receita con peixe. Da a impresión que despois de todos os cocidos que van no corpo, toca tempada depurativa.
Este é un dos pratos de peixe que máis me gustan, esa textura da raia xunto co sabor do aceite perfumado polo allo e polo pementón, é un dos mellores bocados que te podes levar á boca.
Estamos diante dun prato dos máis sinxelos, pero de un gran sabor.
Poñemos a cocer as patacas enteiras, xunto con media cebola e un pouco unto (como unha noz).
Mentres se fan as patacas, poñemos aceite nunha tixola cos allos laminados, cando os allos comenzan a tomar cor, retiramos do lume e incorporamos o pementón (facémolo fora do lume para que non se nos queime o pementón) remexendo para que se nos disolva o pementón. Deixamos repousar para que os restos do pementón se vaian ó fondo. O único que nos interesa é o aceite colorado.
Cando vexamos que as patacas lle quedan uns oito minutos, incorporamos a raia en anacos. Neses oito ou dez minutos que lle faltan as patacas, deberíase facer a raia.
Escoamos ben as patacas, salgamos e servimos ca allada regada por riba.
Pasamos a allada sobrante a outro recipiente, tendo coidado de que non nos vaian restos de pementón, por si algún comensal gustase de máis.
Estupenda caldeirada a que ides a levar as vosas mesas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es