Ir al contenido principal

Bocadiño de xarda en conserva con cebola morada

Ir á receita en castelán

  • 1 lata de xarda en conserva
  • 1 boliño ou 1 mini baguette
  • 1 Cebola morada
  • Brotes de ensalada (opcional)
  • Vinagre o que máis vos guste (Xerez, Mazá, Viño branco, Módena, etc)
  • Sal Maldon



Como podedes ver, volto as receitas con conservas. Pódovos asegurar que me divirto un montón con estas preparacións, ademais de ser algo apetecible por os comensais cando estas van á mesa.
Eu vos animo a que usedes as nosas conservas e que o pasedes ben na cociña con elas.
Na preparación de hoxe uso xarda en conserva, pero pode ser melva de igual maneira.
Coma todas as preparacións anteriores, con conservas, vai a ser moi sinxela e de rápida execución.
Cortamos a cebola en plumas (xuliana fina) e a aliñamos co vinagre escollido.
Cortamos a peza de pan e na base poñemos unha pouca cebola aliñada, unhas follas de brotes de ensalada (opcional e se os poñemos salgamos) e xa por riba os lombos de xarda. Podemos tapar o conxunto ou presentalo aberto ca tapa do pan ó lado.
Como podedes ver, de rápida execución e de saborosa degustación.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es