Ir á receita en castelán
- Zamburiñas en prebe
- Touciño ibérico
- Tomiño
Coma xa ven sendo costume, os mércores toca receita de conservas.
A receita de hoxe non é apta para todos os estómagos, é para os valentes. A pesares que o touciño ibérico ten un gran sabor, coma diciamos non é para todos.
Un consello, se o facedes usade os tacos de touciño un pouco máis pequenos que os da fotografía.
Pois ben, a execución é moi sinxela.
- Abrimos e retiramos as zamburiñas da lata, reservando o prebe.
- Cortamos o touciño en tacos e nunha brocheta, ensartamos un taco de touciño, unha zamburiña, taco de touciño e zamburiña.
- Nunha tixola, cun fondo moi lixeiro de aceite, botamos un par de ramas de tomiño e a continuación poñemos as nosas brochetas, que faremos volta e volta.
- Ó mesmo tempo quentamos o prebe reservado, tendo conta de que non se nos corte.
Presentamos as brochetas, do xeito que máis vos guste, e regamos co prebe.
Nin que dicir ten que temos que levalas a mesa o máis quente posible. Sede atrevidos e a probalo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito