Ir al contenido principal

Pasteliños de robaliza

Ir á receita en castelán



  • 250 grs de robaliza
  • 1/2 Cebola
  • 1 Porro
  • 1/2 cabaciña
  • 50 ml de nata
  • 2 ovos
  • 3 culleradas de maionesa
  • 1 cullerada de pepinillos picados
  • 1 cullerada de mostaza á antiga
  • 1 cullerada de vinagre de Jerez
  • 1 cullerada de ceboliño picado
  • Sal, pementa e aceite de oliva


Coma xa vos teño contado en outras entradas deste blog, a robaliza é un dos meus peixes favoritos. Preparada en estes pasteliños resulta moi agradable, pois á suavidade que xa ten este peixe, engádese a da cabaciña, o da cebola e porro sofritidos e esa textura abizcoitada.
Notas á receita:
  1. Dicirvos que o peso que indico da robaliza, xa é limpa de pel e espiñas.
  2. Na confección do prebe o uso do vinagre é opcional, do mesmo modo que podedes usar alcaparras (que non van na lista dos ingredientes).
  3. Cos ingredientes indicados saen uns seis pasteliños do tamaño dos da fotografía.
Aclarados estes aspectos, comenzamos por picar a cebola e o porro para sofritilos nunha tixola con aceite, ata que comencen a tomar unha lixeira cor.
Mentres se fai o sofrito, imos poñendo nun vaso batedor a robaliza en anacos, a nata, os ovos e por ultimo o sofrito da cebola e porro. Salpimentamos e trituramos.
Relamos a cabaciña e engadimos o noso triturado. Mesturamos ben remexendo.
Botamos a mestura nos moldes que escolléramos e levamos ó forno, prequecido a 185º, entre 20 e 25 minutos. Comprobamos o interior cun palillo, se sae limpo está feito.
Para o prebe mesturamos a maionesa, o pepinillo, a mostaza e o ceboliño.
Deixamos que os pasteliños perdan algo de temperatura e desmoldamos. Servimos acompañados do prebe.
Dicirvos que podemos facelos con antelación e logo templar no microondas, é ideal para unha cea fría e é unha estupenda forma de darlle peixe os cativos da casa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es