Ir al contenido principal

Fiambre de polo con noces

Ir á receita en castelán

  • 500 grs de peituga de polo picada
  • 200 de salchicha fresca branca de cerdo
  • 2 ovos
  • 50 grs de xamón serrano
  • 7 allos tenros
  • Media ceboleta
  • Medio pemento roxo
  • Noces
  • Pan relado 



Unha vez pasado o mes de xullo, imos a ver se empezamos a coller un pouco de ritmo neste blog de gastronomía.
Imos a facer unha preparación moi fácil e que, ademais, nos vai a ir moi ben para este tempo de verán. Unha receita que podemos deixar feita con adianto, que lle vai a gustar os cativos, para unha merenda, para unha cena, etc. Moi versátil.
Engadir que se pode cambiar a carne de polo por carne de pavo, isto o voso gusto.

  1. Picamos os allos tenros, a ceboleta e o pemento roxo. Deixamos facer nunha tixola a lume brando e cando, as verduras estean no seu punto, retiramos e escoamos ben do aceite.
  2. Sacamos a carne das salchichas da pel e desmiuzando cas maos.
  3. Cortamos o xamón  en tiras finas.
  4. Nun bol mesturamos a carne de polo, a das salchichas e o xamón.
  5. Engadimos as noces groseiramente picadas, os ovos batidos, as verduras reservadas e o pan relado. Salpimentamos e mesturamos ben todos os ingredentes cas maos.
  6. Non é necesario, pero si temos tempo, podemos deixar na neveira un par de horas antes.
  7. Botamos a nosa mestura nun molde, esparexemos un pouco de pan relado por riba e levamos ó forno uns 35 minutos a 180º (evidentemente forno prequecido).
  8. Comprobades pinchando un pauciño e fora do forno a arrefriar.
  9. Desmoldamos e listo para lonchear. Veredes que fai moi bo corte e non se desfai.
  10. Guarnición o voso gusto, eu nesta ocasión acompañeino de un salteado de verduras ó dente.

Xa vedes que con pouco traballo deixades preparado un prato que lle vai a gustar a todos. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es