Ir á receita en castelán
- 100 grs de ervellas
- Liquido de goberno da lata de berberechos
- 20 grs de nata
- 1 lata de berberechos ó natural
- 1 lata de caviar de ourizo
- Sal e pementa
Imos a retomar o tema das conservas e todo o xogo que nos dan na nosa cociña.
Para a receita de hoxe, tomo prestada unha preparación que o gran cociñeiro galego Pepe Solla, realizou con conservas no seu momento.
En comparación cas que fixemos antes do verán, esta e as que virán en días vindeiros son un pouco máis elaboradas, pero non por eso máis complicadas.
Para a preparación de hoxe imos a utilizar dúas conservas a falta de unha e procederemos do seguinte xeito.
- Comenzamos preparando a crema de ervellas. Para elo escaldamos as ervellas, en auga fervendo, con sal, e pasamos rapidamente por auga fría. Buscamos non perder esa cor verde intensa.
- Trituramos as ervellas ca auga de goberno da lata dos berberechos e colamos. Levamos de novo o lume brando e incorporamos a nata. Axustamos de sal e pementa.
- Presentamos nunhas culleres de petisco, poñendo unha base de crema de ervellas, un par de berberechos e cubrimos co caviar de ourizo.
- Igualmente podemos facer a montaxe nuns vasos de chupitos. Neste caso base de crema, caviar de ourizo e os berberechos ensartados nun pauciño.
Como xa podedes imaxinar, temos diante nosa e dos nosos comensais, un petisco que vai a sorprender polo contraste.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito