Ir al contenido principal

Bacallau sobre espinacas crocantes e perlas de aceite

Ir á receita en castelán

  • 1 lombo de bacallau
  • Follas de espinacas baby
  • Pementa negra
  • Po de trompeta da morte (opcional)
  • Aceite de oliva virxe
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Perlas de aceite La Chinata





A receita de hoxe volve a voltas co bacallau envasado ó baleiro e cocido a baixa temperatura, quédalle unha textura que me ten enamorado.
Nesta ocasión para mollar o pementón, uso unhas perlas de aceite que nos ofrece Oleotéca La Chinata Ourense e que ademais de vistosidade, vai a darnos un estupendo sabor.
  1. Podemos deixar o bacallau envasado do día anterior, aliñando a bolsa cunha pouca pementa negra, po de trompeta da morte e un chorriño de aceite de oliva virxe. Facemos o vacío e deixamos na neveira.
  2. Poñemos a cocer o bacallau, segundo se indica na receita de Bacallau ó vacío, que verás pinchando no enlace.
  3. Mentres se fai o bacallau, botamos as follas de espinaca en aceite quente. Estamos pendentes de dar a volta, para que non se nos queimen, queremos conservar a cor verde. Pasamos a un prato con papel absorbente.
  4. Para presentar o noso bacallau, poñemos, no prato de servizo, unha cama de espinacas crocantes, sobre elas o lombo de bacallau, cubrimos cun pouco de pementón de La Vera e incorporamos as perlas de aceite de La Chinata. Faremos coincidir as perlas co pementón.
Veredes como non deixades indiferentes os vosos comensais, tanto pola presentación como polo sabor.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito