Ir al contenido principal

Ensalada de pementos e lombos de bonito en aceite

Ir á receita en castelán




  • Pan
  • Lombos de bonito en aceite La Chinata
  • Queixo curado
  • Pemento vermello
  • Ceboleta
  • Allo
  • Aceite con guindilla La Chinata (opcional)
  • Sal e pementa



Da receita anterior sobroume un dos lombos de bonito e aproveiteino para facer esta tosta, penso que moi clásica.
Quen de nos non combinou o bonito en conserva con pemento vermello. Pois ben aquí está de novo.
  1. Asamos os pementos no forno. Ó sacalos tapamos con papel uns 15 minutos, pelamos e sacamos o pedúnculo e as sementes. Reservamos co seu zume de cocción.
  2. Cortamos os pementos en tiras, picamos a ceboleta e o allo. Nun bol mesturamos a ceboleta, o allo e o pemento co seu zune. Aliñamos con sal, pementa e o aceite picante (opcional, podedes usar un oliva virxe normal). Se é posible, faremos esta mestura o día anterior e deixamos na neveira que se mesturen ben os sabores.
  3. Cortamos unhas rebandas de pan e tostamos no forno, arrancando de forno frío e 5/6 minutos a 200º.
  4. Sobre a rebanda de pan poñemos unha base de ensalada de pementos, un par de lascas de queixo e por riba os lombos de bonito.
Xa temos o noso petisco, o líquido da ensalada vai a mollar o pan e o aceite dos lombos vai a untar o queixo.
Penso que non o debedes deixar de facer.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito