Ir al contenido principal

Guiso de peixe sapo

Ir á receita en castelán
  • 600 grs de peixe sapo
  • 4 patacas medianas
  • 1 porro
  • 1 penca de apio (opcional)
  • 1/2 cebola
  • 3 dentes de allo negro
  • 1 cullerada de polpa de pemento choriceiro
  • Caldo de peixe
  • Aceite, sal e pementa




Estamos diante dun guiso eminentemente mariñeiro, diante dun marmitako de peixe sapo.
Cando falamos de marmitako, deseguido o asociamos co bonito, pero na súa orixe era ese guiso mariñeiro que se facía nos barcos de faena e que levaba o peixe que se collera no momento.
Como vedes nos ingredientes traio a miña cociña o allo negro por primeira vez. De sabor lixeiramente doce e máis dixestivo co allo normal.
Tamén me permito a licencia de introducir o apio (opcional) no guiso. Vaille a aportar ese toque especial que da este vexetal e que a min non me disgustou.
  1. Preparamos o peixe sapo e cortamos en anacos. Reservamos.
  2. Picamos a cebola, o porro, o allo en láminas, o apio e cortamos as patacas, triscando na parte final do corte para que o amidón que solta nos engorde o prebe.
  3. Poñemos aceite nunha cazola e incorporamos a cebola e o porro. Deixamos que se vaia facendo e engadimos o allo. Deixamos ate que a cebola estea branda.
  4. Collemos o apio e as patacas e incorporamos a cazola e remexemos todo o conxunto un par de minutos.
  5. Cubrimos o conxunto co caldo de peixe, engadimos a cullerada de polpa de pemento choriceiro, a sal e un toque de pementa. Deixamos facer a lume brando.
  6. Salpimentamos os anacos de rape reservados e incorporamos o noso guiso, cando vemos que as patacas xa están listas. Non remexemos con ningún utensilio, remexemos con movementos de cazola e deixamos que se faga uns tres minutos.
  7. Retiramos e deixamos repousar outros tres minutos, para que se termine de facer o peixe sapo co calor residual.
Levamos este guiso mariñeiro a nosa mesa e acompañaremos de un bo pan, pois seguro que todos ides a facer sopas co mesmo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito