Ir al contenido principal

Risotto de cogomelos e xamón ibérico

Ir á receita en castelán



  • 300 grs de arroz arborío
  • Champiñóns
  • Boletus
  • Xamón ibérico
  • 1 ceboleta
  • 2 dentes de allo
  • Queixo parmesano
  • Manteiga
  • Caldo de polo
  • Coñac
  • Aceite de oliva
  • Pementa e sal
     
Hoxe imos a meternos cun prato que vai de acordo ca estación do outono e cos froitos que o campo nos da nestas datas.
Eu usei champiñóns e boletus nas cantidades que tiña. A proporción queda no voso gusto, así como o usar algún outro tipo de cogomelo.
En canto ó tipo de arroz, os máis indicados son o arborío e o carnaroli. No caso de non telo a man, un bo arroz bomba vai que nin pintado.
  1. Limpamos os cogomelos cun pano húmido. Separamos o pe do sombreiro e cortamos estes en anacos.
  2. Levamos a ebulición o caldo de polo, engadimos os pes dos cogomelos e algún resto dos sombreiros rotos. Poñemos a lume medio e deixamos facer uns 20 minutos. Escoamos e reservamos.
  3. Picamos a ceboleta e poñemos a pochar cun par de culleradas de aceite e unha noz de manteiga.
  4. Engadimos o allo que saltearemos uns minutos e deseguido os cogomelos. Subimos o lume e cociñamos uns tres minutos, engadimos unha copa de coñac e flamexamos.
  5. Incorporamos o arroz e remexemos cunha culler de pau, para que se integren todos os ingredientes. Botamos o xamón e un par de garfelos do caldo reservado (que teremos quente).
  6. Imos remexendo e incorporando caldo (segundo o vaia precisando), até que o arroz estea no seu punto.
  7. Cando o arroz estea feito poñemos un par de noces de manteiga e remexemos para que se integre.
  8. Retiramos do lume e engadimos o queixo relado. Removemos, rectificamos de sal e pementa (se fixera falla) e directo a nosa mesa.
Ides a levar as vosas mesas un prato que vos vai a encher de sabores de outono.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito