Ir al contenido principal

Ensalada de garavanzos e bacallau

Ir á receita en castelán

  • 200 grs de garavanzos cocidos
  • Bacallau esmiuzado
  • 50 grs de queixo de cabra
  • Reladura de jengibre
  • 3 dentes de allo
  • 4 tomates secos en aceite
  • 1/2 cebola roxa
  • Pementón agridoce de La Vera 
  • Pirixel
  • Aceite
  • Vinagre á cereixa del Jerte
  • Sal e pementa


Como xa sabedes, as ensaladas son outro xeito de levar as legumes as nosas mesas.
Garavanzos, fabas e lentellas poden e deben ter unha presenza importante na nosa dieta. Penso que se están a minimizar na alimentación dos nosos cativos e dicía o profesor Grande Covián, que era un erro clamoroso.
Como veredes nos ingredientes, introduzo un vinagre á cereixa, que trouxen das miñas visitas a terras extremeñas. Aporta ó prato un lixeiro e agradábel perfume a cereixa. Xa que non é doado atopalo aquí, podémolo cambiar por un vinagre de Xerez.
  1. Se mercamos os garavanzos xa cocidos, lavamos ben e poñemos a escoar.
  2. Relamos un belisco de jengibre e prensamos os allos. Reservamos.
  3. Cortamos a cebola en plumas finas, os tomates en anacos e picamos o pirixel. Rompemos o queixo, cas mans, en anacos.
  4. Esmiuzamos o bacallau desalgado e reservamos.
  5. Nunha tixola untada en aceite, salteamos os garavanzos xunto co jengibre e os allos. Damos un par de voltas e engadimos o bacallau. Damos outro par de voltas e xa fora do lume, engadimos un pouco pementón. Si fixera falla regamos con unhas gotas de aceite para integrar ben o pementón.
  6. Poñemos a mestura de garavanzos nun bol e deixamos que temperen uns cinco minutos.
  7. Incorporamos ó bol, a cebola, os tomates, o queixo e o pirixel. Remexemos ben a mestura.
  8. Facemos unha vinagreta ca proporción de 3 a 1 de aceite e vinagre e regamos a nosa ensalada.
Temos unha ensalada que, prácticamente, podería ser un prato único e  moi completo.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito