Ir al contenido principal

Navallas en conserva sobre niño de pasta

Ir á receita en castelán

  • 1 lata de navallas
  • Niños de pasta
  • Romeiro
  • Sal
  • Sal de pementón La Chinata
  • Aceite de oliva virxe








Imos a seguir dándolle percorrido as receitas con conservas.
Posiblemente o blogtrip ó que fun invitado por Anfaco, foi do que máis proveito saquei en cuestión de aportación ó blog.
Trouxen un montón de receitas que agora estou a compartir con todos vos.
  1. Poñemos a cocer a pasta en auga con unhas gotas de aceite e sal. Deixamos ó dente.
  2. Sacamos a pasta, con moito coidado que non se desfagan os niños, e poñemos a escoar.
  3. Mentres abrimos a lata, reservamos o líquido de goberno e salteamos as navallas nunha tixola cunhas gotas de aceite e un par de ramas de romeiro.
  4. Retiramos as navallas e incorporamos á tixola o líquido de goberno. Deixamos reducir.
  5. Poñemos, no noso prato de servizo, un niño, salgamos co sal de pementón, por riba do niño dúas ou tres navallas e regamos co líquido reducido.
Como podedes ver cunha lata de conservas, podemos levar a nosa mesa un rico e distinto prato.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito