Ir al contenido principal

Chupito de queixo, pisto e migas

Ir á receita en castelán
  • Requeixo
  • Queixo de untar
  • Pemento roxo
  • Pemento verde
  • Cebola
  • Cabaciña
  • Migas de pan duro
  • Touciño
  • Allo
  • Aceite de oliva
  • Pementa branca
  • Noz moscada
  • Sal


Seguimos con cousas moi sinxelas, para o Nadal, e con produtos que case sempre andan pola nosa neveira e ó alcance de tod@s.
Mesturaremos algo tan clásico como o pisto e as migas, cunha mestura de queixo e requeixo.
  1. Preparamos a crema de queixo, mesturando o requeixo e o queixo crema (farémolo na proporción que mas nos guste), engadimos un belisco de pementa negra e outro de noz moscada. Reservamos.
  2. Picamos as verduras en anacos pequenos, salteamos nunha tixola. Salpimentamos e deixamos ó dente.
  3. Cortamos o pan, o allo e o touciño tamén en anacos pequenos. Fritimos ata que estean dourados e pasamos a un papel de cociña.
  4. Enchemos os nosos chupitos cun fondo da crema de queixo, engadimos un pouco de pisto e por riba as migas. Podemos engadir un pouco de ceboliño.
Como vedes máis sinxelo non pode ser e a mestura vai a ser do gusto da vosa mesa. Pódese tomar atempado, co cal pódese adiantar a súa preparación.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito