Ir al contenido principal

Esqueixada

Ir á receita en castelán
  • Bacallau esmigallado e desalgado
  • Pemento roxo
  • Pemento verde
  • Tomates
  • Cebola
  • Olivas negras
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Vinagre de Jerez
  • Sal




Despois de case que unha semana sen aparecer por o blogue, que non da cociña, volvo a aparecer.
Despois de todos os excesos que, con toda seguridade, tod@s tivemos, hoxe imos a facer unha ensalada da gastronomía catalana.
A esqueixada é unha ensalada onde o actor principal é o bacallau. Bacallau desalgado e en cru e que imos a combinar con unhas verduras frescas. Se a estes ingredientes lle engadíramos unhas legumes secas ou ovo cocido, estariamos a falar de "Empredat".
  1. Esmigallamos o bacallau cas mans.
  2. Cortamos os pementos na medida que máis nos guste.
  3. Retiramos as sementes do tomate e cortamos en anacos.
  4. Cortamos a cebola e plumas.
  5. Nun bol mesturamos todos os ingredientes, engadimos as olivas negras, salgamos (moi pouco) e aliñamos co aceite e o vinagre.
Xa vedes que esta rica ensalada vai a levarnos moi pouco tempo preparala. Eso si é bo preparala unha media hora antes, para que se integren ben todos os ingredientes.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito