Ir al contenido principal

Peixe sapo en prebe con ameixas

Ir á receita en castelán
  • 600 grs de peixe sapo
  • 500 grs de ameixa roxa
  • 1 cebola mediana
  • 3 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Pementón agridoce de La Vera
  • Caldo de peixe
  • Espesante
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa branca



Non cabe dúbida que aínda que non queiras, o furacán do Nadal remata por pillarte.
Vou a facer algunhas receitas que ben poderían servir para un menú de Nadal, pero que serán receitas moi sinxelas aunque, non por elo, menos saborosas.
Para esta primeira receita tomo como base unha do Recetario de Abordo de Pereira, pero o remate da mesma e distinto.
Podemos facer un esforzo e, na medida do posible, enriquecer este prato cunha ameixa de calidade.
  1. Poñemos, un par de horas, as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga). No momento de usalas pasamos por debaixo da billa.
  2. Cortamos o peixe sapo en rodelas, salpimentamos, pasamos por fariña e fritimos polos dou lados para que colla cor (un par de minutos).
  3. Para o prebe picamos a cebola e o allo. Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva pochamos ata que colla algo de cor. Botamos o viño e deixamos que se evapore o alcohol, vai a coller un aspecto espeso. Este é o momento de incorporar o pementón, dar unhas voltas e engadir o caldo de pescado. Deixamos facer uns minutos.
  4. Engadimos un pouco de espesante, na medida que nos guste o prebe. Como podedes ver na foto, eu deixeina un pouco solta, para que no prato parecese un fondo de sopa de cebola.
  5. CONSELLO ata este momento da preparación podemos deixalo feito con antelación, para facilitarnos o momento da preparación do menú.
  6. Cando decidimos rematar o noso prato, levamos o prebe preparado ó lume. Deixamos que levante fervor e engadimos o peixe sapo reservado e as ameixas. Neste momento deberemos xogar co caldo e o espesante, na medida que necesite un ou o outro.
  7. No momento que as ameixas abriron as cunchas, retiramos do lume e deixamos repousar un par de minutos tapado. Se fose do noso gusto podemos servir con pirixel picado.
Como vedes non vos enganei, temos para a nosa mesa de Nadal un clásico, sinxelo e saboroso prato.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito