Ir al contenido principal

Robaliza rechea de espinacas, mexillóns e gambas

Ir á receita en castelán
  • 1 robaliza grande ou 2 de ración
  • 8 gambas
  • 8 mexillóns
  • 2 chalotas
  • Follas de espinacas baby
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal e pementa







Hoxe volvemos ó peixe, máis en concreto á robaliza, posiblemente xunto ca dourada, o peixe de mas rendemento. Imos a facer unha preparación sinxela e con un bo contraste de sabores.
Coma sempre digo, se é posible, mellor, mercamos robaliza salvaxe, o prato vai a gañar en textura e sabor.
  1. No momento de mercar a robaliza, pedimos que no la limpen de espiñas e lle retiren a cabeza (opcional).
  2. Picamos as chalotas e pochamos nunha tixola cun pouco de aceite.
  3. Pelamos as gambas e abrimos os mexillóns do xeito habitual. CONSELLO: ó ser poucos mexillóns, posiblemente compense mercalos en lata ó natural. Hai bo produto enlatado.
  4. Abrimos a robaliza coma un libro, salpimentamos e untamos con aceite.
  5. Poñemos unha base de follas de espinacas, sobre estas a chalota pochada, os mexillóns e as gambas. Podemos pechar cuns palillos ou con fío de cociña. Regamos cun chorro de aceite
  6. Levamos ó forno, prequecido a 185º, e deixamos facer uns 20 ou 25 minutos.
  7. Podedes facer a guarnición que queirades, pero para min, mentres se fai a robaliza, unhas patacas panadeira con cebola en plumas finas, feitas en aceite a lume brando.
Xa vedes, un fantástico prato de peixe que vai para a nosa mesa. Os nosos convidados han de agradecer que o peixe non leve espiñas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito