Ir al contenido principal

Croquetas de chipiróns na súa tinta

Ir á receita en castelán
  • 700/800 grs de chipirós
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • 2 sobres de tinta de lura
  • 1 litro de leite
  • 100 grs de manteiga
  • 100 grs de fariña
  • Pementa negra
  • Noz Moscada
  • Sal
  • Aceite, ovo, fariña e pan relado para rebozar


Pois xa cumprín o capricho e saíron da miña cociña unhas excelentes croquetas de chipirós.
Non vos votedes para atrás pola cor das croquetas, xa que ides a disfrutar do seu sabor. Evidentemente non son moi atractivas para os máis cativos, pero se conseguides que as proben, van a gustarlles.
  1. Limpamos ben os chipirós, lavamos, secamos e cortamos en anacos pequenos.
  2. Nunha tixola cun fondo de aceite, incorporamos a cebola e o allo ben picados e refogamos uns minutos.
  3. Incorporamos os chipirós cortados e deixamos facer uns cinco minutos a lume brando. Engadimos o viño branco e a tinta de lura. Remexemos e deixamos evaporar o alcohol e que reduza. Reservamos.
  4. Nunha cazola poñemos a manteiga e cando se torne líquida, engadimos a fariña. Deixamos que se faga un par de minutos, remexendo de xeito continuo. Engadimos os chipirós reservados e mesturamos ben.
  5. Temos a leite atempada e imos incorporando (en dúas ou tres veces) á cazola do roux, sen deixar de remexer. Remexemos de xeito continuo, salpimentamos e incorporamos a noz moscada. Cando a nosa masa comence a separarse dos laterais da cazola, estará no seu punto.
  6. Teremos preparada unha fonte cuberta de film transparente (vainos a facilitar a tarefa do desmoldado) na que botaremos a masa. A continuación cubrimos con film transparente que este en contacto ca masa, para evitar que se forme costra.
  7. Levamos á neveira e deixamos unhas 24 horas.
  8. Cando as imos a usar, retiramos o film que cubre a masa e volteamos sobre a mesa de traballo. Preparamos as croquetas redondas, ovaladas ou como queirades.
  9. Pasamos as croquetas por fariña, ovo e pan relado. Fritimos en aceite tendo conta de que non se nos abrasen.
Se servides as croquetas cun ovo fritido e unhas patacas, tamén fritidas, teremos un excelente prato.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es