Ir al contenido principal

Pastel de carne (receita de aproveitamento)

Ir á receita en castelán
  • 1 kg de sobras de carne (cociñada)
  • 250 grs de panceta ou touciño
  • 2 cenaorias
  • 1/2 pemento verde ou roxo
  • 1 Pataca
  • 1/2 cebola
  • 1 allo
  • 3 ovos
  • Aceite de oliva
  • Pementa e sal



Unha nota antes de comenzar, durante un par de semanas o blog vai a estar inactivo, o motivo é un proxecto relacionado ca fotografía, que me vai ter ocupado. Se rematara antes do prazo, aquí estaremos.
Indo ó que nos ocupa, hoxe traio ó blog unha receita, para que aproveitemos os restos de carne (carne asada, polo, cordeiro, pavo, etc) que nos quedan das festas e que acaban aburríndonos. Pois ben dámoslle unha pequena volta e ímola a mudar a un apetitoso pastel ou case fiambre.
  1. Poñemos a pataca a cocer, arrefriamos e chafamos cun garfo, ata obter un puré.
  2. Picamos a carne en anacos miúdos e tamén a panceta.
  3. Picamos a cebola, o allo, o pemento e relamos a cenoria.
  4. Nunha tixola, cun fondo de aceite, pochamos as verduras. Escoamos ben do aceite.
  5. Nun bol mesturamos a carne, a panceta, as verduras, os tres ovos batidos e salpimentamos. Ollo ca sal, pois a carne usada xa estaba salgada e ademais engadimos a panceta.
  6. Pasamos a nosa masa a un molde (untado con manteiga se non é de silicona) e botamos por riba un pouco de pan relado.
  7. Levamos ó forno, prequecido a 185º, uns 15/20 minutos. Xa ides vendo en función do coñecemento do voso forno.
  8. Deixamos arrefriar e cortamos coma fiambre.
Xa vedes que lle estamos a facer un traxe novo a eses restos que acaban por aburrirnos e que andan na neveira para arriba e abaixo.
Como guarnición vanlle moi ben unhas patacas fritidas ou unhas verduras á prancha e un prebe de maionesa con mostaza.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito