Ir al contenido principal

Chapata de polo con aires italianos

Ir á receita en castelán
  • Pan chapata
  • Fiambre de peituga de polo natural
  • Pementos do piquillo
  • Pesto
  • Queixo (o que vos guste)
  •  Salchichón de pavo
  • Pepinillos
  • Tomates secos en aceite
  • Brotes de ensalada
Hoxe non traemos ó blog un prato de cociñar no lume, hoxe traemos un saboroso bocata que faremos con un bo pan chapata.
Un bocata que nos vai a ir de marabilla para unha cena fría, para uns entrantes ou para un pic-nic nunha excursión.
As cantidades van a ir en función do voso gusto, pero xa veredes que mestura tan interesante de sabores.
  1. Abrimos o pan ó longo, retiramos a miga sobrante e untamos con manteiga. A manteiga vai a facer unha película entre o pan e o compango e evitará que se nos humedeza en exceso.
  2. Enchemos o noso bocata cunha base de brotes de ensalada, fiambre de polo, pesto untado, pementos (que abriremos con anterioridade), queixo, salchichón de pavo, tomates (escoados do aceite), pepinillos cortados en láminas e xa por riba de todo a tapa do pan.
  3. Envolvemos ben con film transparente, poñemos un peso por riba e levamos á neveira por lo menos unhas catro horas.
  4. No momento do uso, desenvolvemos e cortamos en trozos.
Xa vedes, sen prender o lume, temos un excelente apaño para levar as nosas mesas ou excursións.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es