Ir al contenido principal

Ensalada de salmón, bonito e verduras

Ir á receita en catelán
  • 100 grs de salmón afumado
  • 200 grs de lombos de bonito en aceite
  • 2 tomates rama
  • 6 pepinillos
  • 1 lata de anchoas
  • 1 cebola morada
  • 1 aguacate
  • 1 limón
  • Follas de leituga
  • Maionesa
  • Sal e aceite de oliva




Hoxe traemos ó blog, unha ensalada na que as conservas xogan un papel importante, xunto co salmón.
Imos a facer unha sinxela ensalada que vai a estar chea de colorido e de sabores e que, despois de tanta inxesta de cocidos varios é coma un oasis no deserto.
  1. Pelamos e retiramos as pebidas dos tomates. Cortamos en dados pequenos, poñemos nun bol e aliñamos con sal e un fío de aceite de oliva. Reservamos.
  2. Cortamos a polpa do aguacate en dados pequenos, poñemos nun bol con sal e rociamos con zume de limón. Reservamos
  3. Cortamos unha terceira parte do salmón en tiras finas. O resto en dados e reservamos.
  4. Escoamos os lombos de aceite e picamos, tamén, en dados pequenos.
  5. Picamos, do mesmo xeito, os pepinillos e as anchoas escoadas de aceite.
  6. Picamos en plumas finas a cebola.
  7. No bol que tíñamos o tomate, engadimos o bonito, o salmón en dados, os pepinillos e as anchoas. Mesturamos ben e engadimos dúas ou tres culleradas de maionesa.
  8. Para o servizo, poñemos unha base de follas de leituga (picadas), coma base dentro de un molde corta pastas. Por riba un par de culleradas da mestura da maionesa e coroando uns dados de aguacate e tiras de salmón.
Xa temos unha saborosa ensalada, que podemos deixar preparada con antelación e unicamente montala no momento do servizo.
Vai a gustarvos a mestura de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es