Ir al contenido principal

Xurelo ó forno con verduras

Ir á receita en castelán

  • 1 xurelo grande
  • 1 ceboleta
  • 8 tomates cereixa
  • Olivas negras
  • 1 cenoria
  • Pirixel
  • Pementa
  • Aceite de oliva
  • Sal




Volvemos de novo co peixe, co peixe azul e ó forno que é un dos xeitos que máis me gusta.
Eu fixen a receita con xurelo, pero vai exactamente igual de ben cunha xarda.
Como peixe azul que é, estamos ante un peixe graxo e con proteínas boas. Rico en ácidos graxos omega 3 que lle van a vir moi ben o noso colesterol e trigliceridos.

  1. Pedimos na peixería que nos abran o xurelo coma un libro, que o limpen e lle retiren as espiñas. Traballo que nos levamos feito para a casa.
  2. Cortamos a cebola e a cenoria en xuliana fina, os tomates e as olivas en dous.
  3. Nunha cazola cun pouco de aceite, pasamos as verduras a lume brando. Mentres se fai o sofrito, poñemos o forno a prequecer a 190º.
  4. Nunha fonte, que poida ir ó forno, poñemos como base o sofrito das verduras, por riba o xurelo, salpimentamos e regamos cun fío de aceite.
  5. Levamos a fonte ó forno entre 10/15 minutos. O tempo vai a depender de se vos gusta ben pasado ou cunha textura máis suave.
  6. Pasado o tempo sacamos do forno, engadimos pirixel picado e un chorro de aceite de oliva.
Como podedes observar na foto, o xurelo non está tostado, xa que non me gusta o peixe moi pasado de cocción.
Xa veredes como vai a ser un éxito na vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es