Ir al contenido principal

Pasta con champiñóns, chourizo e xamón

Ir á receita en castelán
  • Pasta
  • 350 grs de champiñóns
  • 75 grs de xamón serrano
  • 1 chourizo
  • 2 allos
  • 1/2 cebola
  • Aceite de oliva
  • Sal







Que tal un prato cheo de sabores, de sabores de sempre, de sabores nosos. Nestes pratos básicos e sinxelos, é onde case sempre encontramos unha referencia os nosos sabores no recordo.
Os que me seguides, xa me tedes escoitado que, case sempre, no sinxelo está o excelso.
  1. Poñemos a cocer a pasta segundo as indicacións do fabricante. Escoamos e reservamos.
  2. Cocemos o chourizo para que solte a graxa e que logo non nos estrague o prato. Reservamos.
  3. Lavamos os champiñóns cun pano húmido, cortamos en cuartos e reservamos.
  4. Picamos a cebola e os allos. Pochamos en aceite de oliva.
  5. Mentres se fai a cebola e o allo, picamos o xamón e o chourizo en dados.
  6. Cando a cebola estea, incorporamos os champiñóns e deixamos facer remexendo. Deixamos os champiñóns ó dente.
  7. Engadimos o xamón, refogamos uns minutos e de seguido incorporamos o chourizo.
  8. Engadimos ó conxunto a pasta e damos un par de voltas.     
Xa vedes que con poucos ingredientes, levamos a nosa mesa un prato cheo de sabor.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es