Ir al contenido principal

Salmón con cigalas, patacas cogomelos e xamón

Ir á receita en castelán
  • 4 lombos de salmón
  • 4 cigalas
  • 3 patacas medianas
  • 50 grs de xamón ibérico
  • 250  grs de champiñóns
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa







    Pasados os festivos, vacacións, procesións e disfrutes varios, comenzamos a retomar a actividade normal.
    Arrancamos cunha receita de peixe, un peixe graxo e rico en graxas omega 3, rico en vitaminas B e fonte de magnesio e iodo.
    Consumo moderado para todos os que padecemos de ácido úrico.
    1. Preparamos os lombos de salmón, retirándolle a pel e as espiñas.
    2. Cortamos as patacas en rodelas finas, picamos o xamón e cortamos en anacos as setas
    3. Nunha tixola con aceite salteamos as setas co xamón e os cinco minutos engadimos as patacas. Imos rompendo as patacas segundo se vaian facendo. Salpimentamos.
    4. Poñemos os lombos de salmón e as cigalas, nunha fonte, que poida ir ó forno, untada en aceite.
    5. Cociñamos, no forno prequecido a 200º, durante 10 minutos regando cun fío de aceite. Se queremos que nos quede cunha textura pouco feita. En caso contrario damos cinco minutos máis.
    6. Montamos o noso prato, cunha base de patacas, xamón e setas, colocamos por riba o lombo de salmón e acompañamos ca cigala. Podemos regar cun pouco de aceite da cocción do salmón.
    Xa vedes de que xeito tan sinxelo e cómodo imos a ter un bonito e saboroso prato que levar a nosa mesa.

    Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
    No correo:     olivarela@hotmail.es