Ir al contenido principal

Bacallau confeitado e crema de porros

Ir á receita en castelán
  • 2 lombos de bacallau desalgados
  • 2 ou 3 patacas medianas
  • 1 cenoria
  • 5 chalotas
  • 3 porros
  • Caldo de polo
  • 4 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementón agridoce de La Vera



Coma podedes observar seguimos con receitas de produtos do mar. Parece que o peixe vai gañando espazo neste blog, pero que non vos engane, sigo a ser carnívoro. Eso si, con algo máis de peixe na miña dieta.
Pois ben o peixe que nos ocupa hoxe, é o bacallau. Versátil, de finas texturas en confeitados e cocción lentas, simplemente fervido con unha allada, etc.
Hoxe ímolo a confeitar e servilo con unha rica crema de porros.
  1. Cortamos en anacos os porros, las chalotas e a cenoria. Tamén cortamos as patacas, pero chascando o último golpe do corte.
  2. Poñemos un pouco de aceite nunha cazola e pochamos, a lume brando, as verduras e as patacas. Salgamos e deixamos que abranden sen que cheguen a tomar cor.
  3. Cubrimos co caldo de polo e deixamos facer lentamente uns 30 minutos.
  4. Mentres se fan as verduras, poñemos nun cazo o aceite suficiente, como para que nos cubra o bacallau. Botamos os dentes de allo e deixamos facer uns 15 minutos para que nos aromatice o aceite.
  5. Tamén imos a ir cortando os lombos de bacallau en dados de uns dous dedos de ancho. Reservamos.
  6. Como a estas alturas as verduras da nosa crema xa estarán listas, retiramos do lume e trituramos ben. Esta crema, se está ben triturada, xa serviría, pero como o que queremos é unha crema moi suave e sedosa, imos a pasala polo chino.
  7. Retiramos o cazo co aceite e os allos do lume, e deixamos baixar a temperatura do aceite a uns 70º (a esta temperatura quenta e non frite).
  8. Unha vez alcanzada a temperatura do aceite, introducimos os dados de bacallau (que queden cubertos co aceite) e deixamos que se fagan uns cinco minutos. Escoamos e reservamos sobre papel absorbente.
  9. Para a presentación do noso prato, poñemos unha base de crema de porros, un par de dados de bacallau no centro (con coidado se non se vos van a desfacer), deixamos caer por riba un aire de pementón e podemos rematar cun pouco de porro frito e crocante.
Xa temos un completo prato de un clásico de toda a vida, bacallau con porros.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es