Ir al contenido principal

Pastel de porros, pescada e langostinos

Ir á receita en castelán

  • 4 porros
  • 170 grs de langostinos (xa pelados)
  • 200 grs de pescada (sen pel nin espiñas)
  • 3 ovos
  • 200 ml de leite evaporada
  • 1 culler pequena de maicena
  • Aceite de oliva
  • Pirixel
  • Sal e pementa



Hoxe faremos un pastel de sabor agradable e moi suave. Un pastel no que a pescada e os langostinos fan o bo contrapunto os porros.
Como xa veriades nos ingredientes, non imos a usar nata, a leite evaporada vai facer, que os máis reticentes á nata non noten ese sabor peculiar da nata.
Dicirvos que este pastel feito de un día para outro gaña en sabor, ademais de ser unha boa opción para os que tedes que xantar de "tupper".
  1. Limpamos os porros en rodelas finas. Sofritimos uns 10 minutos, nunha tixola cun fondo de aceite. Salgamos.
  2. Pelamos os langostinos (se son grandes cortamos en dous ou tres trozos), picamos a pescada e tamén o pirixel.
  3. Prequecemos o forno a 180º
  4. Botamos os ovos nunha cunca, salpimentamos, e engadimos a leite evaporada, a maicena e o pirixel. Batemos manualmente e engadimos os porros, a pescada e os langostinos. Mesturamos ben.
  5. Botamos a mestura nun molde (redondo, rectangular) e si non é de silicona, convén untalo con manteiga.
  6. Levamos ó forno uns 30 minutos. Chegado o tempo pinchamos o pastel, se fose preciso prolongamos un pouco máis a cocción.
  7. Deixamos arrefriar para desmoldar. Como xa vos dixen, para min, gaña en sabor de un día para outro.
  8. Servimos en porcións (frío ou atempado) e podemos acompañar de un ali-oli ou de un prebe de tomate.
Se tedes pequenos na casa que se resisten ó peixe e a calquera tipo de vexetal, de este xeito vanlle a ir camuflados.
Ah, podemos acompañar cunha rica ensalada.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es