Ir al contenido principal

Pescada en prebe con gambóns

Ir á entrada en castelán
  • 4 rodelas de pescada
  • 16 gambóns
  • 1 cebola pequena
  • 2 dentes de allo
  • 1 porro
  • 1 cenoria
  • Pirixel
  • Viño branco
  • Espesante (Maicena)
  • Pementa
  • Sal e aceite de oliva



Pois xa vedes, seguimos enredados cos produtos do mar. Nesta ocasión o peixe escollido, é unha boa pescada do pincho.
Peixe de sabor e textura suave, que case con toda seguridade vai a gustar a todos os da casa.
  1. Pasamos por auga e secamos as rodelas de pescada. Reservamos.
  2. Pelamos os gambóns e reservamos as cabezas e peladuras, por un lado e as colas por outro.
  3. Picamos media cebola, o porro e a cenoria (pode ir groseiramente cortada).
  4. Poñemos unha cazola ó lume cun fondo de aceite. Refogamos as verduras cortadas e os tres minutos incorporamos as cabezas e peladuras reservadas. Facemos outros tres minutos e cubrimos con auga, Durante uns 25 minutos faremos o caldo para a elaboración. Escoamos e reservamos quente.
  5. Salteamos os gambóns un minuto. Reservamos.
  6. Poñemos unha cazola ampla, ó lume cun fondo de aceite. Sofritimos a outra media cebola picada e cando estea pochada engadimos o allo picado. Damos unhas voltas e incorporamos un golpe de viño branco. Deixamos que se evapore o alcohol.
  7. Engadimos pirixel picado e caldo. Remexemos e botamos espesante na medida do noso gusto (é preferible ir pouco a pouco).
  8. Salpimentamos a pescada e incorporamos á cazola. Deixamos facer uns cinco minutos por cada lado. No último minuto engadimos os gambóns reservados.
Levamos unha rodela ó prato de servizo, catro gambóns e cubrimos co prebe da cocción. Podemos engadir unhas follas de pirixel picado.
Saboroso e cunha máis que boa textura.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es