Ir á receita en castelán
Ca receita de hoxe imos a deixar, de momento, o peixe e cambiamos cun entrante cheo de contraste de sabores.
- Tomates (tirando a maduros)
- Queixo de cabra
- Chacina de vaca
- Améndoas
- Sal en escamas
- Azucre moreno
- Aceite de oliva
Ca receita de hoxe imos a deixar, de momento, o peixe e cambiamos cun entrante cheo de contraste de sabores.
Textura suave do tomate, manteigosa do queixo e recia da chacina de vaca.
- Pelamos os tomates e dependendo do tamaño, cortamos en doas ou tres rodelas.
- Poñemos o tomate nun cazo, engadimos unha cullerada pequena de azucre moreno e cubrimos de aceite. Deixamos que se vaia facendo a lume moi brando, durante unha hora e media (a temperatura do aceite non debería pasar de 60º).
- Deixamos que atempe no propio aceite e poñemos en papel absorbente para retirar o exceso de aceite.
- Mentres se fai o tomate, cortamos o queixo e poñemos, xunto ca chacina, a temperatura ambiente.
- Montamos o noso entrante cunha rodela de tomate de base (manexar con coidado) que salgamos ca sal en escamas, a rodela de queixo encima e rematamos ca chacina. Engadimos unhas améndoas groseiramente cortadas e regamos cunhas gotas de confeitar os tomates.
Non deixedes de preparalo, leva o seu tempo confeitar os tomates, pero xa vedes que non da ningún traballo.
Seguro que ides a sorprender os vosos comensais e daredes colorido a vosa mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito