- 500 grs de patacas
- 3 dentes de allo
- 1 cebola mediana
- Champiñóns
- Trufa (opcional)
- Pementón agridoce de la Vera
- Pirixel
- Sal
- Pementa
- Aceite de oliva
Pois si, tan sinxelo como patacas con champiñóns ( ou as setas que vexades máis convenientes).
O orixinal da receita vai a estar no xeito de presentar unhas patacas cheas de sabor, que van a sorprender os nosos comensais.
- Primeiro preparamos as patacas, pois deberán ir ó frío para que collan consistencia.
- Pelamos as patacas e triscamos coma si foxen para un guiso.
- Pelamos e esmagamos os dentes de allo.
- Cortamos a cebola en rodelas ou plumas.
- Nunha tixola con aceite de oliva, poñemos as patacas, os allos e a cebola. Deixamos que se vaian facendo a lume brando. Practicamente van a confeitarse.
- Escoamos ben, as patacas, do aceite, salpimentamos e engadimos o pementón. Chafamos cun garfo, patacas, cebola e allos ata obter unha especie de puré de patacas.
- Cas patacas chafadas temos dúas opcións:
- Estirar nunha fonte cunha altura de 1 cm. aprox., levar á neveira e despois darlle forma.
- Ou xa, ca axuda dun molde, darlle forma.
- En calquera dos casos deben de ir á neveira polo menos un par de horas para que collan consistencia.
- Chegado o momento, nunha tixola cun pouco de aceite, marcamos as patacas reservadas, co fin de que collan cor polos dous lados. Reservamos.
- Pasamos os champiñóns, limpos e laminados, por unha tixola cun pouco de aceite. Queremos que nos queden con textura e con sabor. Engadimos pirixel picado e damos unhas voltas.
- Para o servizo, colocamos as patacas reservadas e sobre elas, os champiñóns salgados con escamas de sal. Laminamos trufa e poñemos por riba.
Xa vedes que con produtos normais na nosa cociña, podemos facer un prato onde, ademais dos sabores, van a destacar as texturas.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito