Ir á receita en castelán
- 2 lombos de pescada
- 2 patacas
- 1/2 pemento roxo
- 1 cebola
- 6 allos tenros
- Sal
- Sal ó pementón
- Pementa negra
- Aceite de oliva
A verdade é que xa me está a empezar a asustar a ausencia de carne no blog.
Digo isto, xa que como vedes, volvemos ó mar. Nesta ocasión volvemos ó mar en forma de pescada.
A pescada é un peixe branco, polo tanto libre de graxas, que neste momento está na súa tempada, que vai dos meses de abril a xullo. É un dos peixes máis consumido por los españois, moi apto para dietas e prácticamente libre de colesterol.
- Pelamos as patacas e cortamos en rodelas, como para panadeira.
- Cortamos a cebola en plumas, o pemento en tiras pequenas e os allos tenros en dous (segundo tamaño).
- Poñemos unha tixola ó lume con aceite de oliva cando sirva o aceite, incorporamos as patacas xunto cas verduras.
- Baixamos a lume medio e deixamos facer o conxunto lentamente. Tede en conta que aínda van a ir ó forno, polo tanto convén retiralas antes de que estean no seu punto.
- Prequecemos o forno a 190º e nunha fonte poñemos unha cama de patacas cas verduras e salgamos. Por riba das patacas colocamos os dous lombos de pescada e regamos cun pouco aceite de fritir as patacas.
- Levamos ó forno e en función de como vos guste de pasado imos a oscilar entre os 12/15 minutos.
- Presentamos cunha base de patacas e verduras e o lombo de pescada por riba. Adornamos cunhas escamas de sal ó pementón e mollamos cun par de culleradas de aceite da preparación.
Xa veredes que este prato vai a ser todo un éxito na vosa mesa. Un clásico de sempre.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito