Ir al contenido principal

Bocartes fritidos con porro e prebe romesco

Ir á receita en castelán
  • 10 grs de améndoas tostadas
  • 10 grs de abelás tostadas
  • 10 grs de pan fritido
  • 3 dentes de allo con pel
  • 1 culler de carne de pemento choriceiro
  • 2 tomates rama
  • 1 cullerada de vinagre
  • 1 porro (a parte branca)
  • 400 grs de bocarte
  • Rebandas de pan de molde
  • Aceite de oliva e sal


Como parece que o sol quere vir para irnos ensinando o camiño do verán, imos a facer unhas receitas de acordo con ese tempo. Receitas para unha cea informal, un xantar no xardín, etc.
Esta receita en concreto, saqueina da WEB de El Corte Inglés xa fai un montón de anos e rescateina de ese arquivo que tod@s imos facendo cas receitas que nos gustan.
  1. Nunha placa de forno poñemos os tomates pelados e partidos ó medio e os tres dentes de allo. Levamos ó forno, prequecido a 180º, uns 35 minutos.
  2. Mentres fritimos o pan e o pasamos a papel de cociña, para que absorba o exceso de graxa.
  3. Tamén cortamos o porro en xuliana e pochamos.
  4. Introducimos no vaso do batedor, os tomates, os dentes de allo pelados, as améndoas, as abelás, o pan frito, a culler de carne de pemento choriceiro e unha cullerada xenerosa de vinagre. Batemos ate obter unha crema.
  5. Poñemos a tostar as rebandas de pan.
  6. Salgamos os bocartes, pasamos por fariña e fritimos en aceite quente.
  7. Cortamos cada rebanda ó medio, untamos o prebe de romesco, poñemos algo de porro e por riba un bocarte frito.
Nota: Como poderedes observar, ate o punto catro, podemos deixar parte da receita preparada con antelación.
Xa vedes, un rico, fácil e económico aperitivo ou entrante das vosas comidas.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es