Ir á receita en castelán
- 5 tomates pera
- 1 rebanda de pan do día anterior
- 1 lata de berberechos
- Brotes de ensalada
- Aceite de oliva virxe
- Sal en escamas
Xa pasou o mes de xullo e empeza a ser tempo de abrir a cociña e poñerse a traballar.
Na miña derradeira intervención no Come e Fala, falei do uso das conservas e de que estaba a preparar algunha cousa máis para o blog.
Pois con esta receita, por unha banda, cumpro co prometido, e por outra imos cunha fresca ensalada para este tempo de calor do mes de agosto.
- Pelamos e cortamos en anacos os tomates. Facemos o mesmo co pan duro.
- Poñemos os tomates e o pan no vaso do batedor, engadimos sal e un bo chorro de aceite de oliva virxe. Trituramos ata obter unha crema fina.
- Cubrimos o fondo do prato de servizo ca crema de tomate, incorporamos os brotes de ensalada e rematamos cos berberechos.
- Aliñamos a ensalada cun fio de aceite de oliva e engadimos a sal en escamas.
Xa vedes de que xeito tan sinxelo, temos unha fresca ensalada que está chea de contraste de sabores.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito