Ir al contenido principal

Salmón ó forno con prebe de froitos roxos

Ir á receita en castelán

  • 4 supremas de salmón
  • 100 grs de froitas roxas conxeladas Pereira
  • 1 cunca de azucre
  • 1/4 de cunca de auga
  • 1 cunca de soia
  • 1/4 de cunca de xenxibre picado
  • 3 culleradas de aceite
  • 1 cullerada de marmelada de framboesa
  • Pementa
  • Sal en escamas


Entre os produtos que comercializa Pereira Productos del Mar, están uns froitos roxos conxelados, que van a facer que dispoñamos deles durante todo o ano.
@s que me seguides no blog, xa sabedes que facer sobremesas non é o que máis me gusta. Por eso vou a usar os froitos roxos nun prato salgado de peixe.
  1. Poñemos nun cazo a auga co azucre. Cando ferva incorporamos os froitos roxos e deixamos facer a lume brando entre 10 e 15 minutos. Reservamos.
  2. Nun recipiente mesturamos a marmelada, a soia, o aceite e o xenxibre, mesturamos ben e poñemos a macerar o salmón 30 minutos mínimo.
  3. Pasado o tempo, e sen escoar de todo, poñemos as supremas de salmón nunha fonte que poida ir ó forno.
  4. Deixamos facer, no forno prequecido a 190º, uns 20 minutos. Se queredes unha textura que tire a menos feito, con 15 minutos van a chegar.
  5. Levamos ó prato de servizo, poñemos sal en escamas (ollo, a soia xa salga) e un golpe de pementa. Acompañamos co prebe de froitos roxos. 
Xa vedes de que xeito tan sinxelo, temos un rico prato que combina dous sabores ben distintos, pero que casan perfectamente.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es