Ir al contenido principal

"Empanada" de zamburiñas en conserva

Ir á receita en castelán
  • Obleas de empanadilla
  • 1 lata de zamburiñas en prebe de vieiras
  • 1/4 de pemento roxo
  • 1/4 de pemento verde
  • 1/4 de cebola
  • 1 dente de allo pequeno
  • Aceite de oliva
  • Sal






Volvemos ca cociña con conservas e neste caso cunha saborosa receita con zamburiñas.
Imos a facer unha empanada un pouco peculiar, pero ca que de seguro ides a sorprender na vosa mesa.
  1. Cortamos en rectángulos as obleas. Fritimos uns segundos e reservamos.
  2. Cortamos en anacos pequenos as verduras e sofritimos. Cando as verduras estean a punto, engadimos o prebe das zamburiñas. Damos unha volta e retiramos do lume.
  3. Para presentar a nosa empanada, poñemos sobre unha base de oblea fritida o sofrito feito, por riba unhas zamburiñas e tapamos a nosa empanada con outra oblea fritida.
Xa vedes, sen complicacións, de execución rápida e de presentación que vos vai a deixar quedar moi ben.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es