Ir al contenido principal

Wok de espaguetini e polo

Ir á receita en castelán
  • 200 grs de espaguetini
  • 250 grs de peituga de polo
  • 100 grs de champiñóns
  • 1/2 pemento vermello
  • 1/2 cebola morada
  • 1/2 porro
  • Prebe de soia
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa





Que tal estades co "síndrome post-vacacional", pois imos a facer unha receita moi sinxela para non poñernos dos nervios.
En poucos minutos e case sen darnos conta, xa teremos feito o noso prato.

  1. Cortamos o pemento en dados, a cebola en plumas, cortamos a parte branca do porro, laminamos os champiñóns e cortamos en tiras o polo.
  2. Poñemos o wok ó lume, cun bo chorro de aceite, e pasamos uns tres minutos o pemento e o porro.
  3. Pasado o tempo incorporamos os champiñóns e deixamos facer outros tres minutos. Incorporamos a cebola e deixamos facer o mesmo tempo.
  4. Engadimos o polo e refogamos ate que cambie de cor. Engadimos o prebe de soia (ó gusto) e mesturamos ben.
  5. Mentres estamos a facer a preparación anterior, cocemos os espaguetini segundo indique o fabricante.
  6. Mesturamos todo e servimos quente.
Xa vedes que non vos mentín no fácil e rápido. Ides a levar a vosa mesa un rico sabor oriental.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es