Por aquí andamos de novo hoxe vou a poñer dúas receitas que van de enroladas. Nesta imos a xogar con ovos, verduras e carne, para facela imos a necesitar o seguinte: 6 ovos 2 berenxenas grandes 2 lonchas de xamón salgado 1 cebola 1/2 pemento verde 4 culleradas de nata para cociñar Fariña, aceite, sal e pementa Faremos do seguinte modo; batemos os ovos, engadimos a nata e unha cullerada de fariña, sazonamos con sal e pementa e votámolos nunha tixola grande con un pouco de aceite quente. Callamos a tortilla fina, retirámola do lume e reservámola. Cortamos as berenxenas en láminas finas a o longo, sazonámolas con sal e deixámolas media hora para sacarlle a acidez. Logo da media hora, lavámolas, secámolas e asámolas no forno forte con un pouco de aceite por riba durante 5 minutos ata que estean lixeiramente douradas. Refogamos nunha tixola con un pouco de aceite, a cebola picada ata que estea lixeiramente dourada, engadimos o pemento verde picado e refogamos 5 minutos máis. en