Por razóns que non veñen ó caso, levo algún tempo sen atender este blog. A partires de hoxe penso que o irei retomando pouco a pouco. Neste tempo pasaron, entre outras cousas, unha etapa do Camiño, unha xuntanza moi entrañable con un xantar nun emprazamento simplemente fantástico, a visita a unha bodega e algunha que outra receita que fun facendo. De todo elo irei dando conta en próximas entradas. Para facer o prato que hoxe nos ocupa, para catro persoas, imos a precisar do seguinte: Solombos de porco (vos xa veredes en función do tamaño e do saque dos comensais), coido que un pequeno por persoa. 1 cebola grande 250 ml de caldo de polo 125 ml de Pedro Ximénez 1 cullerada de fariña Aceite, sal e pementa Para facer este prato, rápido e aparente, faremos do seguinte xeito: Cortamos a cebola en xuliana fina, deixámolas facer nunha cazola con aceite, Facémola a lume brando ata que se poña transparente. Nese tempo despoxamos os solombos das graxas que traia, salpimentámolos e p
Aprendemos xuntos.