Ir al contenido principal

Patacas guisadas con ovos escalfados

Como estamos en tempo de crise guiso de patacas. O prato non o fan caros ingredientes (que tamén), pero os máis humildes fan comidas de auténtica categoría.
Hoxe tocoulle as patacas (tan denostadas, que tanta fame sacaron e hoxe moi difícil atopar unha pataca de calidade), as patacas roxas para ser máis concreto.
As patacas roxas teñen máis consistencia e aguantan tratamentos de cocción máis longos, quedando máis enteiras.
Para facer catro racións imos a precisar:

500 grs de patacas roxas
1 cebola
2 cenorias
2 tomates roxos
1 pemento verde
3 dentes de allo
4 ovos
1 rama de tomiño
1 folla de loureiro
Aceite de oliva, sal e pementa


Picar a cebola, o pemento, os tomates e os allos. Cortar as cenorias en rodelas.
Nunha cazola poñer a sofritir a cebola coa cenoria nun par de culleradas de aceite. Engadir os allos, as herbas e o pemento e deixar que se frita.
Pelar e lavar as patacas, cortalas en catro ou pola metade (segundo tamaño) e engadilas a cazola.
Refogar as patacas, engadir caldo de verduras (se non se ten, ben serve auga con unha pastilla de caldo) deixar que ferva e manter a lume morno uns 30 minutos aproximadamente ou ata que estean tenras.
Mentres se fan as patacas colocamos un cadrado de film alimentario nunha cunca, cascamos o ovo, engadimos sal e pementa, pechamos unindo as catro esquinas e atámolo ben para que non entre líquido neles. Cocelos en auga uns 5 ou 6 minutos aproximadamente. 
Servir quente o guiso de patacas co ovo no medio. Un segundo prato con consistencia.
VARIACIÓN DESTE PRATO:
Se vos gustan os tomates secos,a maiores utilizade 50 grs e proceder do seguinte xeito:
Poñelos a hidratar en auga.
No momento de incorporar as patacas, facelo tamén cos tomates escorregados e cortados.
Agregar a auga da hidratación.
Non é que a mi non me guste esta opción, pera na casa somos algúns máis a xantar e hai que ter en conta os gustos de todos.
Disfrutade da mesa e na mesa.