Ir al contenido principal

De Sarria a Portomarín

O pasado día 22 de maio fixemos unha etapa máis do Camiño de Santiago.
Saíndo de Sarria tomamos camiño para Portomarín, unha etapa moi agradable e de bo facer a pena foi a calor que facía, que para min fixo eternos os últimos quilómetros.
Merece a pena facer un pequeno alto en Barbadelo para visitar a igrexa de Santiago de Barbadelo. Un claro exemplo do románico galego, con unha torre de planta cadrada, non común de ver. Segundo veredes nas fotos é curioso o home cos brazos en cruz que se pode ver no lintel da porta.
Seguimos o camiño e atopamos, subindo a Ferreiros unha curiosa pasarela de pedras, para evitar a auga que corre camiño abaixo.
Na chegada a Portomarín merece a pena a visita a igrxa de San Nicolás.