Ir al contenido principal

Finca Míllara

Cando falamos da Ribeira Sacra, falamos de celtas, de romanos, falamos de igrexas románicas en estado puro, falamos dos canons do Sil e máis do Miño, falamos de soutos centenarios, falamos de néboas irredentas e falamos de viñedos en bancais.
Pois ben un destes viñedos en bancais imposibles, é o de Finca Míllara, unha adega emerxente que se atopa situada no pobo do mesmo nome e a que Fernando de Santiago mima, pobo abandonado que se atopa en proceso de rehabilitación polos mesmos propietarios da adega. Os bancais foron totalmente reconstruídos nunha obra que se me antolla case que imposible. Mesturados entre os bancais atopamos plantadas oliveiras, que utilizando a linguaxe dos entendidos fan unha boa maridaxe con as cepas. Oliveiras que nos dan ese ouro verde tan apreciado e que esta a gañar terreo nesta nosa Galiza, pero ese é outro tema.
Finca Míllara fai un viño da variedade mencía, non podía ser de outro xeito.
Un dos elementos esencias desta terra e a pedra, pois ven estamos a falar de un viño que nace entre bancais de pedra e que termina de facerse en adega de pedra, igual e romanticismo pero algo a de ter que ver.
Son un inculto no tema dos viños e unicamente me guío polos sentidos da vista, do olfacto e do gosto de unha forma moi primaria. Pola vista a impresión que me da é a de un roxo que para si quixera algún cardeal para ornar as súas vestimentas; polo olfacto o aroma que desprende xa me empeza a mostrar que me vou a encontrar moi ben no seguinte paso, no que noto o lixeiro sabor a madeira, son capaz de notar sabores froiteiros sen saber afinar máis, de notar o seu corpo e o que eu chamo o día despois, que non é máis que o estupendo sabor que me devolve na boca despois da súa degustación.
Estou seguro que mantendo este mimo e esta seriedade na forma de facer as cousas o inminente futuro estará cheo de éxitos.