Ir al contenido principal

Arroz caldoso con lumbrigante

Estamos ante un dos pratos, que xunto co arroz con polbo, é un dos meus pratos de cabeceira. É un destes milagres da cociña que fai que con pouco tempo e traballo, consígase un dos mellores sabores. Ven e certo que a calidade dos ingredientes fan ese milagre algo máis terreal.

Necesitaremos:
2 lumbrigantes de 450 grs aprox
10 mexillóns
350 grs de arroz bomba
2 chalotas
1 pemento roxo
1 dente de allo
2 tomates
2 porros
Viño branco, aceite e sal

Maneira de actuar:
Separamos as cabezas dos lumbrigantes, aproveitamos todo o líquido que solten en cada un dos cortes.
Pasamos as cabezas por aceite e engadimos o porro picado e os tomates tamén picados.
Mollamos co viño branco e reducimos, cubrimos con auga e fervemos uns 30 minutos.
Pochamos as chalotas e o allo picado, engadimos o arroz e refogamos.
Mollamos co caldo do lumbrigante e co liquido que soltou dos cortes e fervemos durante 12 minutos.
Antes de rematar engadimos os mexillóns e as colas en anacos.
Cando os mexillóns se abren, retiramos unha das valvas e volvemos a poñer no arroz.
Damos o último fervor, deixamos repousar e servimos.
Sen palabras.
NOTA: NUNCA USO NIN AZAFRÁN NIN COLORANTE PARA OS ARROCES CALDOSOS.