Ir al contenido principal

Ensalada de pasta con "restos"

Bueno! O nome do prato é do máis atractivo, pero é o que é.
Aproveitei restos que quedaron de unha pequena celebración e que por si sós o único que facían era un triste baile nun prato.
Non vou a dar medidas, é unha parvada, que cada un utilice a pasta que máis lle guste (eu usei hélices que xunto cos lazos a que máis me gusta para ensaladas) e a cantidade en función dos "restos" e dos comensais.

A que eu fixen leva:
Pasta
Bonito
Langostinos
Polvo
Pementos de piquillo
Olivas recheas de pemento en rodelas
Sal e aceite.


Cocer a pasta o dente, cortar os restos en anacos e misturar.
Como aliño podemos usar simplemente o aceite ou unha maionesa ou unha mistura moi lixeira, con unha porcentaxe de cinco a un, de aceite de oliva virxe e vinagre de xerez.
O pementón que se ve na foto soamente foi unha licencia para darlle cor a foto, non lle queda ben.